Café Librería

Editorial Cuarto de Inverno

Cuarto de inverno defínense coma unha editorial independente. Escribe que os seus libros son libres de voar onde queiran, aínda que a súa sede está en Galiza. Tamén definen as súas publicacións como novidosas e arriscadas, tamén riquiñas e coidadas. E combativas na súa totalidade. Di, implica unha actitude e un posicionamento vital.

Ademais, teñen un servizo de subscrición para lectoras personalizado. Por un prezo único anual, podemos recibir todos os títulos da editora ou a colección que máis encaixe con nós: infantil, xuvenil e adultas.

Ata a data, Cuarto de inverno conta con seis obras publicadas. Todas en formato breve (o coñecido como novelette) e moi atractivo. Aproveitando a iniciativa do #LeoAutorasOct, penso que non podía faltar esta preciosa ‘habitación propia’.

Aproveito, entón, para deixarvos unha breve descrición dos títulos publicados ata a data (se son quen de…). Xa vos falei deles por Instagram (son moi fotografiables), pero aquí podémonos sentar a falar entre nosoutras. Xa sabedes.

BE WATER, de Antía Yáñez (Narrativa / Xuvenil)

vujtbmx4ulfc6glgrkp3aapg4hmrf6albele8uav

Xa non existe a Era Superficial no planeta Terra. Tras o Gran Cataclismo, a humanidade sobrevive 
soterrada nas Colmeas, estruturas elípticas con minúsculos cubículos hexagonais onde dormen os seus 
habitantes. Iolanda é unha adolescente que, xunto a súa filla e o seu curmán, vive nunha destas Colmeas 
baixo a tiranía da Raíña e a escaseza de auga, un ben que se converteu no artigo máis prezado do mundo e 
polo que a xente é mesmo quen de matar. Iolanda sábeo: a estraña aparición dun cadáver desencadea unha serie de acontecementos que farán que xa nada volva ser o que era.

Antía Yáñez (gañadora do premio Illa Nova) da que xa falei largo e tendido noutras ocasións como podedes ler aquí, inaugura o catálogo de Cuarto de Inverno cunha novela curta xuvenil e distópica. Deixando ben claro o cómoda que se sinte escribindo literatura xuvenil e infantil, non esquece o claro compoñente de denuncia sociopolítica.

IRMÁ PÁXARO, de Tamara Andrés (Poesía / Xuvenil)

5yFiX0LG8hvdtoFOvRT8PO6Z5Gbqu3SpmUC69SMQ

Irmá paxaro é o relato da perda da complicidade entre dúas irmás descoñecedoras de que o golpe máis duro é o paso do tempo. A autora, Tamara Andrés, emprega a poesía, nun texto profundamente narrativo, para mostrarnos a dispar evolución de dúas irmás que mantiñan un elo na infancia que lles permitía ser elas mesmas até que quebrou co despregar das ás da irmá pequena; a irmá paxaro.

miña irmá é

un paxaro

que xa non me fala

Irmá Paxaro, Tamara Andrés

O certo é que os poemas de Tamara Andrés están cheos dunha beleza tan realista, dolorosa e sinxela que non é doado definilos. A súa brevidade está compensada cunha densidade que vai máis alá das letras, incluso dos sentimentos. Creo que todas chegaremos a entender estas palabras (a pesar do persoais que son). E senón, afortunadas que sodes, porque non coñecedes esa dor.

URALITA, de Iria Pinheiro e María Lado (Experimental / Adultas)

actdzp8zkeeg2s4w5nssfwdb0ty7wv6cxoqqj2f4

A actriz Iria Pinheiro e mais a poeta María Lado, nun proceso de escrita vivo, impúdico e singular déixanse levar polo ímpeto da transmisión oral para que as verbas se transformen nun xeito rabudo de atopar o lugar de pertenza, nun retrato dunha Galiza periurbana que habitan ambas as dúas para agasallarnos con este ser salvaxe que lles naceu e que non quixeron domesticar.

Mete no cu o teu puto autoodioo. A uralita.

Uralita

Uralita é unha antoloxía poética. Non, perdoade. É un relato curto. Ou, mellor dito, uns cantos relatos curtos. Síntoo, minto: é unha obra de representación teatral. Non, non, non. É unha canción. Que non. É un berro, un alarido, unha serie de queixas, una amor, a amizade, os anhelos. Unha pedra no corazón e na lingua.

SOPAS NEW CAMPBELL, de Teresa Moure (Novela / Adultas)

q8syvjsegjhtnm6cfjfi3vm8x9kamg43tfdnjqge

Nádia transporta armários numa carreta. Habitualmente vai disfarçada e espera à noite para se ocultar entre as sombras. No entanto, seria difícil que não tivessem reparado nela porque o rebuliço da atividade que lhe tocou em sorte dá nas vistas num mundo uniforme como este que habitamos. Não escolheu carregar com armários, é claro; mas não consegue separar-se deles. Ao final, tudo vai parar ao armário; é sempre útil ter um a mão.

Eu, se fosse invisíbel… Tentaría desfazer-me de todos os elefantes do mundo. De uma vez por todas.

Sopas New Campbell

Sopas New Campbell quizais veu a demostrar que non todo na literatura está inventado. Ou non exactamente. Porque a orixinal idea (é unha loucura tamén) de esta novela curta de Teresa Moure é unha aposta nova que, se ben pode facerme pensar que ten influencias kafkianas, toques do realismo máxico ou aquela historia fantástica do “Temblor” de Rosa Montero, resultoume como toparme de fronte cunha maneira única de contar a verdade a través das mentiras.

Eu penso que Nádia somos todas as mulleres. Que nos encargamos de finxir que sabemos o que temos que facer (no seu caso, desfacerse dos elefantes dos armarios). Que temos que loitar contra nós mesmas. Mancámonos en lugar de acariñar o que nos define. E iso, esa dor, iso que ás veces non funciona ben, agochámolo como un estigma que nos avergoña. Coma fai Nádia.

Ao final todo se resume nunha sopa, con toques de sororidade e animais (reais ou non).

Adviento que aprender é un verbo falaz. Chover, por exemplo, é um verbo sincero: literalmente o seu significado vai por cima de nós.

Sopas New Campbell

SUPERULEX, de Susana Sanches Arins (Novela / Xuvenil)

lfhfo536yttxbtghzmrmd0gmebhhrvx7lzr2sbtj

A químio afastou a Clara da sua escola durante semanas, mas ao regressar, tudo nela mudou. Já não é a mesma e não pode ficar indiferente perante as injustiças e atropelos que acontecem à sua volta, venham de quem vier. A sua força e reflexos viram-se afetados de jeito descomunal, tanto que nem ela mesma é capaz de os controlar. Deixou de ser Clara para se converter, com a ajuda da avó Rorita e da tropa fandanga, em SuperUlex, a heroína que todas estávamos a aguardar.

Pendente de lectura todavía, vai directamente a miña pila de pendentes. Dun primeiro visual, a nova aposta de Cuarto de Inverno segue prometendo o mesmo que os anteriores.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: